Sunday 05 de May de 2024

Alternativa de Sada denuncia a carencia de obxectivos e proxectos do Goberno Tránsfuga


Traspasado o ecuador do mandato tránsfuga de Sada só foi licitado o contrato da asistencia xurídica, xudicial, social e defensa en xuízo, e asistencia de procurador para o Concello de Sada, que continúa en estado de avaliación, despois de levar un varapao por parte do Tribunal de Contratos.

A vindeira semana cúmprense 4 meses de goberno tránsfuga en Sada, e, en canto ó tema de licitacións, que son os procesos administrativos para a consecución de obras e Servizos para o noso municipio, o panorama non pode ser máis desolador, xa que só licitouse o contrato da asistencia xurídica e xudicial do Concello, un proceso non exento de polémica polas súas irregularidades ratificadas polo Tribunal de Contratos e que aínda non se resolveu ao estar en período de avaliación. Todo un síntoma do estado catatónico no que se atopa Sada con este goberno tránsfuga que non é capaz de levar a bo porto ningunha obra ou proxecto de interese que beneficie o municipio.

Alternativa dos Veciños Sada, despois de ver esta e outras graves irregularidades, coma as acontecidas no último pleno ordinario onde formouse grupo de non adscritos cas súas voceiras contrariando o propio ROM de Sada, entende a prioriade que este goberno tránsfuga outorga a consecución dun servizo xurídico para o Concello. Será que a xudicialización da vida política en Sada vai ser inminente.